mércores, 10 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 11 DE XUÑO


Ola a tod@s!

      Estamos a piques de rematar o curso. Así que imos facer as actividades desta semana e despois… A COLLER VACACIÓNS!!

      Primeiro de todo, temos un vídeo aquí debaixo de alguén que se quería despedir de vós… quen será?!
      Imos ver…!


                   Pois si! Era Brendan!! 
      Brendan, esperamos que o pases xenial nestas vacacións!! SEE YOU SOON!!
      E agora imos á pestana do noso curso coas últimas tarefas de inglés deste curso…

      IMOS ALÁ… A TRABALLAR!!

sábado, 6 de xuño de 2020

ACTIVIDADE OPTATIVA "BICOS E PATAS"


Aquí vos deixo un pequeno cuestionario con un par de cousiñas para reflexionar... ou investigar! 
Clica enriba do enlace para comezar


ENLACE Ó CUESTIONARIO BICOS E PATAS


xoves, 4 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 04 DE XUÑO



Ola a tod@s!

      Esta semana fixestes moi ben a actividade optativa. Ademais, tamén vin que facedes un montón de “FREE TIME ACTIVITIES”! NORABOA!!
      Aquí vos deixo un recopilatorio das actividades desta semana.


    
      Agora, entramos na pestana do noso curso para ver que tarefas temos para esta semana.

      IMOS ALÁ… A TRABALLAR!!

xoves, 28 de maio de 2020

ACTIVIDADES 28 DE MAIO

Ola a tod@s!

      Pero que fame pasei esta semana vendo os vosos traballos sobre “FOOD”. Tiña todo unha pinta estupenda! Mmmm!!. Aquí vos deixo un resumo das actividades que me chegaron. A ver se vos dan tanta fame como a min…



      Esta semana, Brendan cóntanos unhas cousiñas sobre “FREE TIME ACTIVITIES”. Agora co bo tempo a tod@s nos apetece facer unha morea de cousas no tempo libre, verdade? Imos ver que nos conta…



      E agora, despois dos vídeos, entramos na pestana do noso curso para ver que tarefas temos para esta semana.
      Algúns de vós ainda tedes algunhas tarefas atrasadas. Lembrade que na pestana de “Preguntas frecuentes” podedes ver como hai que facer para ver cales actividades do libro dixital nos quedan por facer.
      IMOS ALÁ… A TRABALLAR!!

xoves, 21 de maio de 2020

ACTIVIDADES 21 DE MAIO


Ola a tod@s!

      Un “GOOD JOB!” enormísimo a tod@s @s que participastes na tarefa dos ANIMALS. Aquí vos deixo unha recopilación dos traballos que fixestes.  
  
      SODES ESTUPENDÍSIM@S!!!







      Esta semana, collemos a Brendan de volta do super e cóntanos unha morea de cousas sobre FOOD. Imos ver que cousas ricas mercou! Imos alá!





      E agora, despois dos vídeos, entramos na pestana do noso curso para ver que tarefas temos para esta semana.

      Algúns de vós ainda tedes algunhas tarefas atrasadas. Lembrade que na pestana de “Preguntas frecuentes” podedes ver como hai que facer para ver cales actividades do libro dixital nos quedan por facer.

      IMOS ALÁ… A TRABALLAR!!


xoves, 14 de maio de 2020

ACTIVIDADES 14 DE MAIO


Ola a tod@s!

      Antes de comenzar a traballar, aquí vos deixo unha pequena recopilación dos traballos da semana pasada. Estou super-contentísima porque fixestes uns traballos chulísimos e case tod@s tedes rematadas as fichas e os libros dixitais que tiñamos pendentes.

      SODES ESTUPENDÍSIM@S!!!



      Esta semana tamén temos un vídeo do noso amigo favorito: Brendan! Esta semana temos un vídeo sobre ANIMALS. Imos alá, a xogar ás adiviñas con Brendan!


      E agora, despois dos vídeos, entramos na pestana do noso curso para ver que tarefas temos para esta semana.
      A TRABALLAR!!

xoves, 7 de maio de 2020

ACTIVIDADES 7 DE MAIO



Ola a tod@s!
      Esta semana temos un vídeo do noso amigo Brendan. Cómo nos gusta que veña a contarnos cousas, verdade?!
      Pois desta vez, ven contarnos cousas sobre as CLOTHES. Moita atención, que comeza…

     


      Pois agora, despois deste vídeo, imos entrar na pestana do noso curso para ver que tarefas temos para esta semana.
      
IMOS ALÓ!!