PREGUNTAS FRECUENTES


CANDO ENTRO NO LIBRO DIXITAL AS ACTIVIDADES ESTÁN SEMPRE SEN FACER. COMO SEI CALES ESTÁN FEITAS E CALES NON?
      As actividades do libro dixital aparecen sempre sen facer para que poidas repetilas cantas veces queiras.

      Ainda así, o libro garda un rexistro, que eu podo ver de todas as actividades que fixeches, se as remataches, cantas veces as fixeches, canto tempo che levou…
      Se non lembras se tes feita unha actividade ou se a remataches, podes velo na pestana de “SCORES”, que está no libro dixital, xusto debaixo da pestana de “UNITS”.



        Se clicas nesta pestana, vas a poder ver un recadro coma este: 


         Nas pestanas das units, vas ver as actividades de cada tema.
         Os “attempt” son as veces que fixeches cada unha das actividades.
         “Latest score” é a puntuación que sacaches na última vez que fixeches a actividade.
         No cadro de arriba podes ver que a primeira actividade está rematada porque ten unha puntuación de 8/8. É dicir, están feitas todas.
         Sen embargo, a segunda actividade está sen rematar porque de 6 palabras que había que unir, so hai 3 ben feitas. Faltan dúas para que marque 6/6. Entón si que estaría rematada. 

TEÑO QUE FACER AS ACTIVIDADES COLGADAS ANTES DE SEMANA SANTA?
Se entraches por primeira vez ó blog de inglés e atopaches actividades anteriores que non fixeches, non te preocupes. Pódelas facer mais adiante: o día que remates as actividades moi pronto será un día ideal.

NON SEI POR DONDE ENTRAR Ó LIBRO DIXITAL
Na pestana de cada curso hai un debuxo grandote co logo do libro “QUEST”. Debaixo pon, “Accede dende aquí ó teu libro dixital”. Ahí será donde tes que clicar para poder acceder.

CANDO TENTO ACCEDER Ó LIBRO DIXITAL SÓ VEXO ISTO


“Adobe Flash Player” é unha aplicación informática que necesitas ter habilitada para poder acceder ós contidos do libro. Podes activala clicando enriba dela. Vaiche preguntar se queres executar o flash e tes que clicar en “Permitir” ou “Aceptar”.
Se en lugar de este mensaxe, di que está bloqueado, podes preguntar en google “cómo activar adobe flash player” e poderás ver diferentes explicacións e formas de actívalo dependendo de se estás usando unha tablet, un ordenador ou o móvil.

TEÑO QUE ENVIARCHE TÓDALAS TAREFAS QUE FAGA?
Se tes forma de enviar unha foto ou a tarefa escaneada, encantarame recibila. Reviso diariamente o correo para ver se hai tarefas vosas.
Se non tes xeito de enviala, non te preocupes. Sei que o estás facendo esforzándote un montón e só terás que enviarme un correo cando teñas algunha dúbida. Poderei ver o moito que traballas a través do teu avance no libro dixital.  

FAGO A PRIMEIRA ACTIVIDADE DO LIBRO PERO CANDO VOLVO ENTRAR NON APARECE FEITA
A primeira páxina do libro é un xogo. Esta actividade serve para comprobar o acceso ó libro e que todo funciona perfectamente. Por iso, cada vez que accedas vai estar en blanco. Pódela repetir cantas veces queiras, ou saltala… xa sabes onde están as cousas 😉!


CANTAS ACTIVIDADES DO LIBRO DIXITAL TEÑO QUE FACER?
      Só as actividades de cada día. Cada vez que teñas clase de inglés irás o blog e verás cales son as actividades que tes que facer: poden ser vídeos, fichas, actividades do libro dixital….





Ningún comentario: