AULA DE 1º












ACTIVIDADES XOVES 11 DE XUÑO

Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas desta semana.

1º TAREFA – LIBROS DIXITAIS
      A tarefa desta semana cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 6.
Cando remates, mira ben se tes algunha actividade sen facer. Non te esquezas de ningunha!


2º TAREFA – FICHAS DIXITAIS

      Esta semana temos unha nova ficha. Imos alá!!


ACTIVIDADES XOVES 04 DE XUÑO


Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas desta semana.

1º TAREFA – LIBROS DIXITAIS
      A tarefa desta semana cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 5.


2º TAREFA – FICHAS DIXITAIS

      Esta semana temos unha nova ficha. Imos alá!!


ACTIVIDADES  XOVES 28 DE MAIO


Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas desta semana.

1º TAREFA (OPCIONAL)

Despois de ver o vídeo de Brendan, vouche a propor unha actividade sobre FREE TIME ACTIVITIES:
Envíame un video facendo algunha “FREE TIME ACTIVITY” e dime como se chama o que estás a facer. Non ten por que ser das que Brendan nos contou, pode ser calquera outra que che apeteza…
Investiga como se chama a actividade se non o sabes.   
Que che parece? Anímaste?!

2º TAREFA – LIBROS DIXITAIS

      A tarefa desta semana cos libros dixitais consiste en buscar as actividades que temos pendentes e facelas.
      Lembra mirar no apartado de “SCORES” para ver cales tes sen rematar. As que non teñen os dous números iguais é que aínda non están rematadas (por exemplo 5/8). Se teñen os dous números iguais é que si están feitas (por exemplo 8/8).


3º TAREFA – FICHAS DIXITAIS


      Esta semana temos unha nova ficha. Imos alá!!




ACTIVIDADES XOVES 21 DE MAIO


Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas desta semana.

1º TAREFA (OPCIONAL)

Despois de ver o vídeo de Brendan, vouche a propor unha actividade sobre FOOD:

1.- Fai un debuxo da túa comida favorita. Pode ser unha cousa soa (por exemplo: fish), ou unha comida que teña varios ingredientes (por exemplo: fish and chips).

2.- Escribe no debuxo: “MY FAVOURITE FOOD IS…” e, a continuación, escribe o nome desa comida que debuxaches e que che gusta tanto.
Investiga como se chama a comida do teu debuxo se non o sabes. Se o sabes, non a tes que buscar.  
Podes enviarme unha foto do teu debuxo ou un vídeo e leesme o que escribiches.
Que che parece? Anímaste?!

2º TAREFA – LIBROS DIXITAIS

      A tarefa desta semana cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 4.
      Se ainda che queda algunha tarefa dos temas 1, 2 e 3, tenta rematalos.

3º TAREFA – FICHAS DIXITAIS

      Esta semana temos unha nova ficha. A tarefa desta semana, consiste en facer a ficha nova e repasar se temos algunha sen facer ou pendente de repetir. 





ACTIVIDADES XOVES 14 DE MAIO


Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas deste xoves, 14 de maio

1º TAREFA (OPCIONAL)
Despois de ver o vídeo de Brendan, vouche a propor facer unha actividade sobre ANIMALS:
1.- Fai un debuxo super chulo dun animal que ti escollas.
2.- Ponlle o nome en inglés. Se non te lembras como se escribe, pódelo buscar no dicionario.
3.- Investiga que son fai en inglés. Vouche dar unha pista. Os paxariños en castelán fan “PIO, PIO!”, verdade? Pero en inglés fan “TWEET, TWEET!”. Se o averiguas, faille un bocadillo de cómic ó teu debuxo e escribe o son.
Que che parece? Anímaste?!

2º TAREFA – LIBROS DIXITAIS
      A tarefa desta semana cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 3.
      Se ainda che queda algunha tarefa dos temas 1 e 2, tenta rematalos.

3º TAREFA – FICHAS DIXITAIS
      Esta semana tamén temos unha nova ficha. A tarefa desta semana, consiste en facer a ficha nova e repasar se temos algunha sen facer ou pendente de repetir.  
  








ACTIVIDADES XOVES 7 DE MAIO

Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas deste xoves, 7 de maio

1º TAREFA (OPCIONAL)
Despois de ver o vídeo de Brendan, vouche a propor facer unha actividade sobre as CLOTHES:
Tes que contarme cal é a túa roupa favorita. Para iso podes grabar un vídeo, facer unha foto ou facer un debuxo coa túa roupa favorita.
Se é un vídeo tes que contarme que levas posto.
Sé é unha foto ou un debuxo, terás que escribir os nomes da roupa e unilo con flechas (ou doutro xeito) á imaxe.
Que che parece? Anímaste?!

2º TAREFA – LIBROS DIXITAIS
      Moit@s de vos aínda tedes algúns exercicios dos temas 1 e 2 sen rematar. Son moi pouquiños exercicios ós que lle falta moi pouquiño tamén, pero compre rematalos.
      Así que, a tarefa desta semana cos libros dixitais consiste en repasar as actividades dos temas 1 e 2 e ver cales nos quedan sen rematar.

3º TAREFA – FICHAS DIXITAIS
      Nas fichas dixitais tamén temos algunhas sen facer… que creo que alguén se despistou un pouquiño…

      A tarefa desta semana coas fichas dixitais consiste en repasar que non nos quede ningunha sen rematar e facer as que teñamos novas. 






ACTIVIDADES XOVES 30 DE ABRIL


Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas deste xoves, 30 de abril

1º TAREFA
Facer as actividades da Unit 2 do libro dixital Quest. Xa sabes como facelas. Lembra comezar repasando o vocabulario do dicionario.

2º TAREFA

      Facer as fichas dixitais. Tes un titorial de como debes entrar na páxina de inicio do blog. 




ACTIVIDADES XOVES 23 DE ABRIL

Ola!
      Aquí che deixo a tarefas deste xoves!


Comezamos hoxe a facer a revisión das unidades. Hoxe imos facer as actividades do libro dixital que corresponden á Unit 1.
Aquí abaixo tes un titorial de cómo acceder ás actividades e como tes que facelas.
















ACTIVIDADES XOVES 16 DE ABRIL

A actividade de este xoves consiste en cantar e acompañar este video cos xestos. 
















Ningún comentario: