ACTIVIDADES XOVES 11 DE XUÑO
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
desta semana.
1º TAREFA –
LIBROS DIXITAIS
A tarefa desta semana
cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 6.
Cando remates, mira ben se tes algunha
actividade sen facer. Non te esquezas de ningunha!
2º TAREFA –
FICHAS DIXITAIS
Esta semana temos unha
nova ficha. Imos alá!!
ACTIVIDADES XOVES 04 DE XUÑO
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
desta semana.
1º TAREFA –
LIBROS DIXITAIS
A tarefa desta semana
cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 5.
2º TAREFA –
FICHAS DIXITAIS
Esta semana temos unha
nova ficha. Imos alá!!
ACTIVIDADES XOVES 28 DE MAIO
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
desta semana.
1º TAREFA
(OPCIONAL)
Despois de ver o vídeo de Brendan,
vouche a propor unha actividade sobre FREE TIME ACTIVITIES:
Envíame un video facendo algunha “FREE
TIME ACTIVITY” e dime como se chama o que estás a facer. Non ten por que ser
das que Brendan nos contou, pode ser calquera outra que che apeteza…
Investiga como se chama a actividade
se non o sabes.
Que che parece? Anímaste?!
2º TAREFA –
LIBROS DIXITAIS
A tarefa desta semana
cos libros dixitais consiste en buscar as actividades que temos pendentes e
facelas.
Lembra mirar no apartado
de “SCORES” para ver cales tes sen rematar. As que non teñen os dous números
iguais é que aínda non están rematadas (por exemplo 5/8). Se teñen os dous
números iguais é que si están feitas (por exemplo 8/8).
3º TAREFA –
FICHAS DIXITAIS
Esta semana temos unha
nova ficha. Imos alá!!
ACTIVIDADES XOVES 21 DE MAIO
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
desta semana.
1º TAREFA
(OPCIONAL)
Despois de ver o vídeo de Brendan,
vouche a propor unha actividade sobre FOOD:
1.- Fai un debuxo da túa comida
favorita. Pode ser unha cousa soa (por exemplo: fish), ou unha comida que teña
varios ingredientes (por exemplo: fish and chips).
2.- Escribe no debuxo: “MY FAVOURITE FOOD IS…” e, a
continuación, escribe o nome desa comida que debuxaches e que che gusta tanto.
Investiga como se chama a comida do
teu debuxo se non o sabes. Se o sabes, non a tes que buscar.
Podes enviarme unha foto do teu debuxo
ou un vídeo e leesme o que escribiches.
Que che parece? Anímaste?!
2º TAREFA –
LIBROS DIXITAIS
A tarefa desta semana
cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 4.
Se ainda che queda algunha
tarefa dos temas 1, 2 e 3, tenta rematalos.
3º TAREFA –
FICHAS DIXITAIS
ACTIVIDADES XOVES 14 DE MAIO
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
deste xoves, 14 de maio
1º TAREFA
(OPCIONAL)
Despois de ver o vídeo de Brendan,
vouche a propor facer unha actividade sobre ANIMALS:
1.- Fai un debuxo super chulo dun
animal que ti escollas.
2.- Ponlle o nome en inglés. Se non te
lembras como se escribe, pódelo buscar no dicionario.
3.- Investiga que son fai en inglés.
Vouche dar unha pista. Os paxariños en castelán fan “PIO, PIO!”, verdade? Pero
en inglés fan “TWEET, TWEET!”. Se o averiguas, faille un bocadillo de cómic ó
teu debuxo e escribe o son.
Que che parece? Anímaste?!
2º TAREFA –
LIBROS DIXITAIS
A tarefa desta semana
cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 3.
Se ainda che queda
algunha tarefa dos temas 1 e 2, tenta rematalos.
3º TAREFA –
FICHAS DIXITAIS
Esta semana tamén temos
unha nova ficha. A tarefa desta semana, consiste en facer a ficha nova e
repasar se temos algunha sen facer ou pendente de repetir.
ACTIVIDADES XOVES 7 DE MAIO
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
deste xoves, 7 de maio
1º TAREFA
(OPCIONAL)
Despois de ver o vídeo de Brendan,
vouche a propor facer unha actividade sobre as CLOTHES:
Tes que contarme cal é a túa roupa
favorita. Para iso podes grabar un vídeo, facer unha foto ou facer un debuxo
coa túa roupa favorita.
Se é un vídeo tes que contarme que
levas posto.
Sé é unha foto ou un debuxo, terás que
escribir os nomes da roupa e unilo con flechas (ou doutro xeito) á imaxe.
Que che parece? Anímaste?!
2º TAREFA –
LIBROS DIXITAIS
Moit@s de vos aínda
tedes algúns exercicios dos temas 1 e 2 sen rematar. Son moi pouquiños
exercicios ós que lle falta moi pouquiño tamén, pero compre rematalos.
Así que, a tarefa desta
semana cos libros dixitais consiste en repasar as actividades dos temas 1 e 2 e
ver cales nos quedan sen rematar.
3º TAREFA –
FICHAS DIXITAIS
Nas fichas dixitais
tamén temos algunhas sen facer… que creo que alguén se despistou un pouquiño…
A tarefa desta semana
coas fichas dixitais consiste en repasar que non nos quede ningunha sen rematar
e facer as que teñamos novas.
ACTIVIDADES XOVES 30 DE ABRIL
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
deste xoves, 30 de abril
1º TAREFA
Facer as actividades da Unit 2 do
libro dixital Quest. Xa sabes como facelas. Lembra comezar repasando o
vocabulario do dicionario.
2º TAREFA
Facer as fichas
dixitais. Tes un titorial de como debes entrar na páxina de inicio do blog.
ACTIVIDADES XOVES 23 DE ABRIL
Ola!
Aquí che deixo as
tarefas deste xoves!
Comezamos hoxe a facer a revisión das
unidades. Hoxe imos facer as actividades do libro dixital que corresponden á
Unit 1.
Aquí abaixo tes un titorial de cómo
acceder ás actividades e como tes que facelas.
ACTIVIDADES XOVES 16 DE ABRIL
A actividade de este xoves consiste en cantar e acompañar este video cos xestos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario