ACTIVIDADES XOVES 11 DE XUÑO
Ola a tod@s!
Antes de comenzar a traballar
AVISO IMPORTANTE
Durante o verán, garda o “Activity Book” deste curso porque imos a comenzar o vindeiro curso traballando con él. Antes de estrenar o activity novo, remataremos o vello.
LEMBRA: Non o perdas, que o imos utilizar!!
Agora sí, aquí vos deixo as tarefas desta semana.
1º TAREFA – LIBROS DIXITAIS
Xa fixemos os temas do libro dixital ata o tema 5, que foi os que xa estudamos no cole. Repasa ben que non che quede ningunha actividade por facer…!
2º TAREFA – FICHAS DIXITAIS
Esta semana temos unha nova ficha. Lembra repasar as atrasadas por se te olvidaches de algunha. Imos alá!!
ACTIVIDADES XOVES 04 DE XUÑO
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
desta semana.
1º TAREFA –
LIBROS DIXITAIS
A tarefa desta semana
cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 5.
2º TAREFA –
FICHAS DIXITAIS
Esta semana temos unha
nova ficha. Imos alá!!
ACTIVIDADES XOVES 28 DE MAIO
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
desta semana.
1º TAREFA
(OPCIONAL)
Despois de ver o vídeo de Brendan,
vouche a propor unha actividade sobre FREE TIME ACTIVITIES:
Envíame un video facendo algunha “FREE
TIME ACTIVITY” e dime como se chama o que estás a facer. Non ten por que ser
das que Brendan nos contou, pode ser calquera outra que che apeteza…
Investiga como se chama a actividade
se non o sabes.
Que che parece? Anímaste?!
2º TAREFA –
LIBROS DIXITAIS
A tarefa desta semana
cos libros dixitais consiste en buscar as actividades que temos pendentes e
facelas.
Lembra mirar no apartado
de “SCORES” para ver cales tes sen rematar. As que non teñen os dous números
iguais é que aínda non están rematadas (por exemplo 5/8). Se teñen os dous
números iguais é que si están feitas (por exemplo 8/8).
3º TAREFA –
FICHAS DIXITAIS
Esta semana temos unha
nova ficha. Imos alá!!
ACTIVIDADES XOVES 21 DE MAIO
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
desta semana.
1º TAREFA
(OPCIONAL)
Despois de ver o vídeo de Brendan,
vouche a propor unha actividade sobre FOOD:
1.- Pensa que comidas che gustan,
cales non… e escribe un texto no que inclúas as frases:
·
I like…
·
I don’t like…
· I love…
·
I hate…
·
My favourite
food is…
Lembra incluir palabras como “and”,
“or”, “but”, para que o texto quede mellor.
2.- Na mesma páxina, deixa un oco para
facer un debuxo sobre o texto.
Investiga como se chama a comida sobre
a que queres escribir. Se sabes como se dí toda, xa non a tes que buscar.
Podes enviarme unha foto do teu texto
e o debuxo ou un vídeo e leesme o que escribiches.
Que che parece? Anímaste?!
2º TAREFA –
LIBROS DIXITAIS
A tarefa desta semana
cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 4.
Se ainda che queda
algunha tarefa dos temas 1, 2 e 3, tenta rematalos.
3º TAREFA – FICHAS
DIXITAIS
Esta semana temos unha
nova ficha. A tarefa desta semana, consiste en facer a ficha nova e repasar se
temos algunha sen facer ou pendente de repetir.
ACTIVIDADES XOVES 14 DE MAIO
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
deste xoves, 14 de maio
1º TAREFA
(OPCIONAL)
Despois de ver o vídeo de Brendan,
vouche a propor facer unha actividade sobre ANIMALS:
1.- Fai un debuxo de dous animais.
2.- Ponlles o nome en inglés. Se non
te lembras como se escribe, pódelo buscar no dicionario.
3.- Investiga que son fan en inglés.
Vouche dar unha pista. Os paxariños en castelán fan “PIO, PIO!”, verdade? Pero
en inglés fan “TWEET, TWEET!”. Faille un bocadillo de cómic ó teu debuxo e
escribe o son.
Que che parece? Anímaste?!
2º TAREFA –
LIBROS DIXITAIS
A tarefa desta semana
cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 3.
Se ainda che queda
algunha tarefa dos temas 1 e 2, tenta rematalos.
3º TAREFA –
FICHAS DIXITAIS
Esta semana tamén temos unha nova ficha. A tarefa desta semana,
consiste en facer a ficha nova e repasar se temos algunha sen facer ou pendente
de repetir. ACTIVIDADES XOVES 7 DE MAIO
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
deste xoves, 7 de maio
1º TAREFA
(OPCIONAL)
Despois de ver o vídeo de Brendan,
vouche a propor facer unha actividade sobre as CLOTHES:
Tes que contarme cal é a túa roupa
favorita. Para iso podes grabar un vídeo, facer unha foto ou facer un debuxo
coa túa roupa favorita.
Explícame qué levas posto, como é (de
que cor…), se o usas no verán, no inverno… todo o que se che ocorra!
Pódelo facer en formato vídeo,
fotografía ou debuxo.
Que che parece? Anímaste?!
2º TAREFA –
LIBROS DIXITAIS
Moit@s de vos aínda
tedes algúns exercicios dos temas 1 e 2 sen rematar. A case todos lles falta
moi pouquiño, pero compre rematalos.
Así que, a tarefa desta
semana cos libros dixitais consiste en repasar as actividades dos temas 1 e 2,
ver cales nos quedan sen rematar e se atopamos algún, rematalo.
3º TAREFA –
FICHAS DIXITAIS
Nas fichas dixitais
tamén temos algunhas sen facer… que me parece que alguén se despistou un
pouquiño…
A tarefa desta semana
coas fichas dixitais consiste en repasar que non nos quede ninguna sen rematar
e facer as que teñamos novas.
ACTIVIDADES XOVES 30 DE ABRIL
Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas
deste xoves, 30 de abril
1º TAREFA
Corrixir as páxinas 52,
53, 54 e 92 do activity book, unit 5, que nos quedaron pendentes de corrixir a
semana pasada. Están nesta mesma páxina, un pouquiño mais abaixo
2º TAREFA
Facer as actividades da
Unit 2 do libro dixital Quest. Xa sabes como facelas. Lembra comezar repasando
o vocabulario do dicionario.
3º TAREFA
Facer as fichas
dixitais. Tes un titorial de como debes entrar na páxina de inicio do blog.
Ola!
Aquí che deixo as tarefas deste xoves! Temos un par de cousiñas que facer:
1º.- PRIMEIRA TAREFA
Ó último día de cole, levamos unha tarefa para facer, lembras? Tiñamos que rematar as actividades da Unit 5. Xa sei que xa as tes feitas dende fai tempo, por iso che deixo aquí as actividades para revisalas e corrixir se te trabucaches en algo.
Tamén sei que non eran todas as actividades da Unit 5, pero deíxochas todas, por se che quedou algo do tema sen corrixir.
Faltan algunhas actividades, pero esas ímolas deixar para a volta!
2º.- SEGUNDA TAREFA
Comezamos hoxe a facer a revisión das unidades. Hoxe imos facer as actividades do libro dixital que corresponden á Unit 1.
Aquí abaixo tedes un titorial de cómo acceder ás actividades e como tes que facelas.
ACTIVIDADES XOVES 16 DE ABRIL
Para facer a actividade desta semana, tedes que ver o seguinte vídeo e facer a tarefa que está mais abaixo:
How many continents are there in the world?
Escribe o nome de todos os "continents" en inglés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario