AULA DE 3º








ACTIVIDADES XOVES 11 DE XUÑO

Ola a tod@s!

Antes de comenzar a traballar


AVISO IMPORTANTE

Durante o verán, garda o “Activity Book” deste curso porque imos a comenzar o vindeiro curso traballando con él. Antes de estrenar o activity novo, remataremos o vello.
LEMBRA: Non o perdas, que o imos utilizar!!


Agora sí, aquí vos deixo as tarefas desta semana.

1º TAREFA – LIBROS DIXITAIS
Xa fixemos os temas do libro dixital ata o tema 5, que foi os que xa estudamos no cole. Repasa ben que non che quede ningunha actividade por facer…!


2º TAREFA – FICHAS DIXITAIS

      Esta semana temos unha nova ficha. Lembra repasar as atrasadas por se te olvidaches de algunha. Imos alá!!


ACTIVIDADES XOVES 04 DE XUÑO


Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas desta semana.

1º TAREFA – LIBROS DIXITAIS
      A tarefa desta semana cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 5.


2º TAREFA – FICHAS DIXITAIS

      Esta semana temos unha nova ficha. Imos alá!!


ACTIVIDADES XOVES 28 DE MAIO


Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas desta semana.

1º TAREFA (OPCIONAL)

Despois de ver o vídeo de Brendan, vouche a propor unha actividade sobre FREE TIME ACTIVITIES:
Envíame un video facendo algunha “FREE TIME ACTIVITY” e dime como se chama o que estás a facer. Non ten por que ser das que Brendan nos contou, pode ser calquera outra que che apeteza…
Investiga como se chama a actividade se non o sabes.   
Que che parece? Anímaste?!

2º TAREFA – LIBROS DIXITAIS

      A tarefa desta semana cos libros dixitais consiste en buscar as actividades que temos pendentes e facelas.
      Lembra mirar no apartado de “SCORES” para ver cales tes sen rematar. As que non teñen os dous números iguais é que aínda non están rematadas (por exemplo 5/8). Se teñen os dous números iguais é que si están feitas (por exemplo 8/8).


3º TAREFA – FICHAS DIXITAIS


      Esta semana temos unha nova ficha. Imos alá!!



ACTIVIDADES XOVES 21 DE MAIO


Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas desta semana.

1º TAREFA (OPCIONAL)

Despois de ver o vídeo de Brendan, vouche a propor unha actividade sobre FOOD:

1.- Pensa 3 comidas para debuxar: a túa comida favorita, unha que che guste e unha que non che guste. Poden ser unha cousa soa (por exemplo: fish), ou unha comida que teña varios ingredientes (por exemplo: fish and chips).

2.- Escribe no teu debuxo: “MY FAVOURITE FOOD IS…”, “I LIKE…” e “I DON’T LIKE…” e o nome desa comida. Pódelo escribir debaixo de cada comida, enriba…ou unilo con frechas.

Se non o sabes, investiga como se chama a comida do teu debuxo. Se o sabes, non a tes que buscar.  
Podes enviarme unha foto do teu debuxo ou un vídeo e leesme o que escribiches.
Que che parece? Anímaste?!

2º TAREFA – LIBROS DIXITAIS

      A tarefa desta semana cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 4.
      Se ainda che queda algunha tarefa dos temas 1, 2 ou 3, tenta rematalos.

3º TAREFA – FICHAS DIXITAIS

      Esta semana temos unha nova ficha. A tarefa desta semana, consiste en facer a ficha nova e repasar se temos algunha sen facer ou pendente de repetir.     



ACTIVIDADES XOVES 14 DE MAIO


Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas deste xoves, 14 de maio

1º TAREFA (OPCIONAL)
Despois de ver o vídeo de Brendan, vouche a propor facer unha actividade sobre ANIMALS:
1.- Fai un debuxo super chulo dun animal que ti escollas.
2.- Ponlle o nome en inglés. Se non te lembras como se escribe, pódelo buscar no dicionario.
3.- Investiga que son fai en inglés. Vouche dar unha pista. Os paxariños en castelán fan “PIO, PIO!”, verdade? Pero en inglés fan “TWEET, TWEET!”. Se averiguas que son fai o teu animal, faille un bocadillo de cómic ó teu debuxo e escribe o son.
Que che parece? Anímaste?!

2º TAREFA – LIBROS DIXITAIS
      A tarefa desta semana cos libros dixitais consiste en facer as actividades do tema 3.
      Se ainda che queda algunha tarefa dos temas 1 e 2, tenta rematalos.

3º TAREFA – FICHAS DIXITAIS
      Esta semana tamén temos unha nova ficha. A tarefa desta semana, consiste en facer a ficha nova e repasar se temos algunha sen facer ou pendente de repetir. 





ACTIVIDADES XOVES 7 DE MAIO


Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas deste xoves, 7 de maio

1º TAREFA (OPCIONAL)
Despois de ver o vídeo de Brendan, vouche a propor facer unha actividade sobre as CLOTHES:
Tes que contarme cal é a túa roupa favorita. Para iso podes grabar un vídeo, facer unha foto ou facer un debuxo coa túa roupa favorita.
Se é un vídeo tes que contarme que levas posto e de que cor é.
Sé é unha foto ou un debuxo, terás que escribir os nomes da roupa e de que cor son e unilo con flechas (ou doutro xeito) á imaxe.
Que che parece? Anímaste?!

2º TAREFA – LIBROS DIXITAIS
      Moit@s de vos aínda tedes algúns exercicios dos temas 1 e 2 sen rematar. A case todos lles falta moi pouquiño, pero compre rematalos.
      Así que, a tarefa desta semana cos libros dixitais consiste en repasar as actividades dos temas 1 e 2, ver cales nos quedan sen rematar e se atopamos algún, rematalo.

3º TAREFA – FICHAS DIXITAIS
      Nas fichas dixitais tamén temos algunhas sen facer… que me parece que alguén se despistou un pouquiño…

      A tarefa desta semana coas fichas dixitais consiste en repasar que non nos quede ninguna sen rematar e facer as que teñamos novas. 





ACTIVIDADES XOVES 30 DE ABRIL


Ola a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas deste xoves, 30 de abril

1º TAREFA
      Facer as actividades da Unit 2 do libro dixital Quest. Xa sabes como facelas. Lembra comezar repasando o vocabulario do dicionario.

2º TAREFA

      Facer as fichas dixitais. Tes un titorial de como debes entrar na páxina de inicio do blog. 



ACTIVIDADES XOVES 23 DE ABRIL


Ola!
      Aquí che deixo as tarefas deste xoves! Temos un par de cousiñas que facer:

1º.- PRIMEIRA TAREFA
Ó último día de cole, levamos unha tarefa para facer, lembras? Tiñamos que rematar as actividades da Unit 5. Xa sei que xa as tes feitas dende fai tempo, por iso che deixo aquí as actividades para revisalas e corrixir se te trabucaches en algo.
Tamén sei que non eran todas as actividades da Unit 5, pero deíxochas todas, por se che quedou algo do tema sen corrixir.
Faltan algunhas actividades, pero esas ímolas deixar para a volta!










2º.- SEGUNDA TAREFA
Comezamos hoxe a facer a revisión das unidades. Hoxe imos facer as actividades do libro dixital que corresponden á Unit 1.
Aquí abaixo tedes un titorial de cómo acceder ás actividades e como tes que facelas.














ACTIVIDADES XOVES 16 DE ABRIL

A actividade de este xoves consiste en cantar e acompañar este vídeo con xestos. 




Lembras que significa...?

  • Happy
  • Angry                           
  • Clap your hands 
  • Stamp your feet 
  • Say "oh, no!"

Atent@:
Unha persoa está "scared" cando ten medo. 
Unha persoa está "sleepy" cando ten moito sono, por eso irá durmir unha sesta, que se dí "take a nap".
















Ningún comentario: