Hola a tod@s!
Para esta semana vouvos propor unha actividade para que vexades cantas
palabras coñecedes.
Mira ó teu redor e vai nomeando en voz
alta as cousas que sabes dicir en inglés ata que atopes algunha descoñecida. Se
as coñeces todas, tamén podes mirar pola fiestra!
Cada día, dende o lúns, tes que atopar
tantas palabras descoñecidas como o número do curso no que esteas. É dicir, se
estás en 1º, tes que atopar unha, se estás en 2º, dúas… e así ata 6º,
que terás que atopar seis.
Pois ben, esas palabras descoñecidas
hai que buscalas no dicionario. Aquí vos deixo un enlace ó diccionario inglés-castelán
/ castelán-inglés:
Se estás en primeiro, segundo ou terceiro curso escribe as palabras en
inglés. Ten moito coidado cando as copies para que non falte nin sobre ningunha
letra. Ó seu carón vas a facer un debuxo chulísimo. Así non te vas
esquencer do que era!
Se estás en cuarto, quinto ou sexto, terás que escribir unha frase con
cada unha. Ten que ser unha frase sinxela que che axude a lembrar a palabra.
Por exemplo, se a palabra que non coñecías era “socks”, podes facer unha frase
como “I wear socks on my feet”.
Non fagades trampa e non a escribades
en castelán nin en galego! Cando voltemos ó cole, imos ver cantas palabras
temos iguais. Mentres, podedes enviar as vosas tarefas á dirección de correo inglesquintela@gmail.com
Que me dicides, animádesvos a xogar?!
Ningún comentario:
Publicar un comentario